O lume orixinábase esta noite no interior dunha vivenda deshabitada na rúa da Prata, no centro do casco urbano de Redondela. Arestora traballan na zona os Bombeiros, Protección Civil e axentes da Policía local. Os labores de extinción obrigaron a cortar ao tráfico nas rúas Praza e Loureiro.
As fortes lapa, que calcinaron por completo o tellado da vivenda, puidéronse ver dende fóra do casco urbano e o fume estendeuse por todo o centro. Non hai que lamentar danos personais pero si importantes danos materiais.