Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela supera os 200 contaxios de Covid

COVID

A terceira onda da pandemia non toca teito en Redondela, onde seguen a incrementarse os contaxios. Segundo datos do Servizo Galego de Saúde, a día de hoxe no municipio rexístranse 203 casos activos de Covid-19. A cifra supón un incremento dun 60% en sete días, xa que hai tan só unha semana Redondela contabilizada 127 casos activos. O incremento incesante de contaxios rexístrase tamén noutros municipios da bisbarra. Soutomaior supera xa o cento de casos, hoxe son 103 os contaxios activos de coronvirus segundo o Sergas, para unha poboación de 7.300 habitantes. En Pazos de Borbén a incidencia é tamén elevada con 32 casos activos, se ben a maioría (22) están localizados na residencia de maiores Mi Casa, entre anciáns e traballadores do centro. Nos tres Concellos a incidencia acumulada supera os 500 casos por cada 100.000 habitantes. A menor porcentaxe rexístrase en Redondela, con máis de 600 casos por cada 100.000 habitantes. Tanto en Soutomaior como en Pazos de Borbén a cifra é moito máis elevada, en función da súa poboación, superando en ámbolos municipios os 1.000 casos de incidencia acumulada.

No caso de Fornelos de Montes son 11 os novos casos diagnosticados nos últimos 14 días.

Pazos de Borbén recupera o servizo de atención a maiores

Ante o endurecemento das medidas de mobilidade, o goberno local volve poñer a disposición dos veciños de máis idade o seu servizo de atención para proporcionarlles medicamentos e alimentos a domicilio. Desde o Concello xa se empezou a contactar cos usuarios deste servizo durante o confinamento, pero todos os veciños que se atopen nesta situación e queiran solicitalo poderán facelo no teléfono do Concello 986 497 035. Por outra banda, ante o aumento de casos de Covid, desde o Concello de Pazos de Borbén reforzan novamente o servizo de desinfección nos puntos máis transitados do municipio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará