Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER reproba en solitario a Xoán Carlos González

PlenoXaneiro

O pleno da corporación de Redondela, celebrado onte telematicamente, debateu unha moción da Agrupación de Electores para reprobar ao portavoz do BNG, Xoán Carlos González. O motivo, explica AER, son unhas palabras de González no pleno de decembro nas que se dirixiu á portavoz de AER Susana Couñago para decirlle que tiña que actuar “como muller”. AER esixía a González “unha disculpa pública” por un trato de cualifican de “paternalista e condescendente,”. Foi a propia Couñago a que esixiu unha disculpa ao terse sentido ofendida polas palabras de González.

Susana Couñago, voceira de AER

Desde o BNG evitaron excursarse, e a edil Jéssica García afirmou que as palabras do voceiro foran “malinterpretadas”, ao tempo que acusou a AER de querer “desprestixiar ao Bloque cun argumento ruín que fai un flaco favor ao feminismo”.

Jéssica García, concelleira do BNG

Desde o PP, Sandra Bastos definiu como un “micromachismo” a declaración do voceiro do BNG no pleno anterior. A edil popular puxo en valor “a importancia da linguaxe” que os cargos públicos “deberían coidar” xa que do contraio “non se favorece á igualdade”.

Sandra Bastos, concelleira do PP

O PSdG, socio de goberno de AER, pedía “conciliación” e instaba ás dúas partes “a facer as paces”. A concelleira María Castro dixo entender que González “non é machista” pero que o seu comentario “ofendeu á concelleira de AER”.

María Castro, concelleira do PSdG-PSOE

Tanto o PSdG como o PP se abstiveron na votación, e a reprobación saiu adiante cos únicos 3 votos de AER, mentres que os dous edís do BNG votaban en contra.

Toma de posesión de Ángela Antón

Na sesión plenaria tamén tomou posesión do seu cargo Ángela Antón, como concelleira do PP en substitución de Noemí Salomón, que abandonou a corporación por motivos laborais. Antón xa fóra concelleira no anterior goberno de Javier Bas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará