Baixo o lema “Namórate do Planeta”, o alumnado do CEIP Pluringüe de Reboreda, celebrou onte o Día do Amor, recuperando así unha tradición que se remonta á Antiga Roma, onde se conmemoraba as Lupercais, a festa do Lume, como símbolo protector e de afastamento de desgrazas. Cada nena e neno decorou unha árbore cunha mensaxe onde expresaba o seu amor pola Terra. O obxectivo era rodear ao planeta con árbores protectoras cheas de amor pola natureza. Desde o Equipo de Dinamización Lingüística do centro, promotor da actividade, explican que máis aló do fomento do uso do galego, tamén pretenden “a recuperación das nosas tradicións”.