Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O ArteLixo resiste á pandemia cunha edición dedicada á contaminación nos ríos

ArtelixoRios

O colectivo ArteLixo está inmerso na organización da edición deste ano, que se celebrará do 17 ao 30 de abril. O certame ecoloxista, cultural e reivindicativo terá que prescindir este ano de actividades como o Sonalixo ou o Parnalixo, que implican a presenza de público, pero seguirá fiel á súa esencia. O certame centrarase nas exposicións de obras de arte feitas con material de refugallo, que estarán nas rúas, en escaparates dos comercios colaboradores e no Multiúsos da Xunqueira. Tamén preparan o certame “A arte non ten cancelas”, no que convidan a artistas a intervir nun portal ou fiestra sen uso, como explica Fran Artelixo, un dos organizadores.

Xa está aberto o prazo de inscrición para todos os que desexen participar, tan só deben cubrir un formulario que está dispoñible a través de internet e achegar os seus datos. Ata o 30 de marzo persoas de todas as idades, colectivos, asociacións e colexios poden apuntarse, como explica Angie Hernández.

Nesta ocasión a temática elixida é a Contaminación nos ríos. As concas fluviais, patrimonio natural a protexer, son a día de hoxe o lugar de destino de residuos de todo tipo. Explican desde o ArteLixo que cando pasamos á beira do río Maceiras ou Alvedosa “non somos conscientes da cantidade de residuos que agochan”.

A programación deste ano non se limitará ao centro da vila, e como veñen facendo nos últimos anos as actividades do ArteLixo 2021 estenderanse ás parroquias, neste caso a Ventosela. Neste enlace pode descargase o formulario de inscrición https://forms.gle/AZM1nWL2GbNTiRg19

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará