Que os máis novos dean a coñecer as súas necesidades e presenten iniciativas para mellorar a súa calidade de vida, é o obxectivo deste órgano consultivo e informativo redondelán que busca novos membros que se unan aos dez rapaces que na actualidade forman este Consello. O único requisito, ter entre 8 e 18 anos e estar empadroado en Redondela.
O pasado venres, 5 de febreiro, celebraron a primeira reunión deste ano na que os dez nenos e adolescentes do municipio que o compoñen lanzaron unha mensaxe aos rapaces para que se unan a este grupo que dúas veces ao mes se xunta para pór riba da mesa todos aqueles temas “que poden ser de interese para a infancia e adolescencia e para traballar en acadar melloras”. A finalidade das reunións, agora telemáticas por mor da pandemia, é “debater, compartir ideas e propostas para construír un concello á nosa medida”. Na actualidade traballan no nome e no logotipo do grupo, así como na elaboración dunha listaxes de libros para solicitar á biblioteca municipal coas propostas feitas polos alumnos dos centros escolares.
Fan un chamamento á unirse ás mozas e mozos redondeláns e conseguir así que a “nosa voz se escoite con maior forza e sexa máis diversa”. Todos aqueles que deseñen participar só teñen que escribir a participacion@ateliersocial.org ou chamar ao número de teléfono 604 086 970.
A Concelleira de Mocidade, Olga García Ballesteros, salienta a importancia do traballo que realiza o Consello Municipal da Infancia e Adolescencia e “da necesidade de que nenos e nenas, mozos e mozas, se impliquen nesta iniciativa para axudar a construír un municipio non só de todos e todas, senón para todos e todas”.