Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teatro e maxia por videoconferencia para o alumnado de Pazos de Borbén

Presentación carnaval na escola

A concellaría de Educación do Concello de Pazos de Borbén presentou a celebración de Entroido para os centros escolares do municipio. Un evento que todos os anos se realizaba no salón de actos municipal e que este ano, para evitar aglomeracións, farase a través da plataforma de videoconferencias Zoom. Así, a partir das 10:30 horas deste venres, os pequenos conectaranse desde as súas aulas para participar activamente en cada un dos espectáculos. O primeiro será un contacontos de monicreques titulado “Godofredo e o Cabaleiro Vermello”. A partir das 11:30, os alumnos asistirán a un espectáculo de maxia en directo no que poderán interactuar co mago para realizar un amplo repertorio de trucos e xogos. A iniciativa está aberta aos alumnos do Curros Enríquez, escola Infantil da Galeriña e os usuarios do centro ASPAVI. A concelleira de educación, Branca Míguez, destacou que “a pandemia está a ser moi dura para todos e os nenos non están exentos”. Por iso sinalou a importancia de celebrar festas tan especiais para eles como o Entroido “aínda que as circunstancias obriguen a facelo por internet”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará