División de Honra Prata Feminina
Vigo Lavadores 26-29 SAR Rodavigo
Excelente resultado do equipo de Elisardo González “Chini” fronte ao Lavadores. As sospeitas do adestrador de que o partido ía estar marcado pola dificultade foron certas, tanto que o marcador reflectía resultados favorables ao equipo local, chegando ao descanso con 5 goles de diferencia. Pero as mozas da SAR non baixaron os brazos, e foron de menos a máis. Un bo traballo en defensa e a actuación de Goretti en ataque, con 9 puntos, conseguiron reverter a situación a falta 5 minutos do final.
Primeira Nacional
Granitos 22-31 Rodosa Chapela
O Rodosa Chapela foi moi superior na súa visita aos Granitos Ibéricos Carballal. Gran partido dos de Teixeira, con moita seguridade defensiva e escasas perdas en ataque. O equipo local chegaba ao choque con numerosas baixas e a elas houbo que sumarlle a do último momento do seu adestrador, cun cólico nefrítico. Os Granitos non estivo fino e o Chapela non desaproveitou a ocasión.
SAR Plastic Omnium 24-29 Carnes do Ribeiro
O equipo de Pablo Muíños acusou as baixas, e tras unha boa primeira parte onde alcanzaron unha renda de 3 goles, chegaron ao últimos dez minutos de partido faltos de osíxeno. O Ribeiro aproveitou esta situación para adiantarse no marcador, asinando un 24-29 como resultado.
A semana que vén será unha xornada de Derbis. A SAR Rodavigo recibirá ao Meaño noutro derbi galego, mentres que a SAR Plastic Omnium e o Balonmán Chapela disputan o clásico derbi redondelán.