Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela inviste 500.000 euros na mellora dos mercados municipais

Mercado Chapela 02

Os postos da praza de abastos de Chapela repartirán bolsas de tea ecolóxicas proporcionadas polo Concello de Redondela nunha iniciativa que amosa a aposta do Goberno local polo comercio de proximidade e de calidade contrastada e que se realizou con fondos europeos dentro da Estratexia DUSI. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, visitou a praza de Chapela para facer entrega das bolsas, e encerados para que os postos poidan amosar os seus prezos. Esta estratexia de comunicación e promoción forma parte das actuacións promovidas polo goberno local para poñer en valor os mercados de abastos “como elementos imprescindibles para a dinamización non só da contorna na que se atopan, senón do municipio”, explica a alcaldesa de Redondela. Nesta dinámica de apoio ao comercio local considerada polo Concello de Redondela como “imprescindible” para a reactivación económica, vanse desenvolver distintas iniciativas “que contribúan a mellorar a competitividade do comercio de proximidade”. Rivas lembrou que nas prazas de abastos de Redondela e Chapela investirase máis de 500.000 euros de fondos europeos “para convertelas nunhas infraestruturas modernas e multifuncionais”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará