Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior destina máis de 54.000 euros a axudas pola pola pandemia

Soutomaior

A escasas semanas de cumprirse o primeiro aniversario da pandemia orixinada polo Covid19, os Servizos Sociais do Concello de Soutomaior fan balance das súas actuacións durante a alerta sanitaria. Entre as diversas axudas creadas para amortecer os efectos desta crise, o goberno local destinou 34.300 euros, aos que haberá que sumar os 20.000 comprometidos polo alcalde en axudas directas para a hostalaría. A axuda de máis contía, cun total de 17.201 euros, foi para cubrir as situacións de emerxencia entre as familias máis vulnerables do municipio e pagar facturas de luz, auga, gas ou aluguer. Tamén destaca o importe destinado á compra de alimentos, tanto para a súa entrega directa a través dos Servizos Sociais municipais como a través de vales para que os propios usuarios fixeran a compra nos establecementos, con 9.515 euros. Do mesmo xeito, o Concello de Soutomaior destinou un total de 4.012 euros en axudas directas a veciños que perderon o seu emprego pola crise sanitaria e 2.270 euros a dotacións do fogar para familias vulnerables coa compra de lavadoras, frigoríficos e pequenos electrodomésticos. Para finalizar está a axuda de 1.300 euros destinados a sufragar material escolar a familias en risco con menores ao seu cargo. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou o esforzo que desde o Concello está a facerse para afrontar a crise derivada da Covid19 “sobre todo protexendo ás familias, pero tamén axudando a sectores fundamentais para o noso municipio como a hostalaría e o comercio local, suprimindo as taxas durante o tempo que estean obrigados a pechar ou facilitando a súa presenza dixital e o seu acceso ao comercio electrónico”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará