Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Recollida de sinaturas para crear un museo no pazo de Reboreda

Pazo

A inciativa acaba de poñerse en marcha na popular plataforma dixital Change.org, e está dirixida ao Concello de Redondela e demais administracións públicas. A recollida de sinaturas, que está a ter boa acollida nas redes sociais, explica que o Pazo de Reboreda está á venda nun portal inmobiliario, e que se trata dunha “oportunidade única para Redondela e a súa bisbarra”. O inmoble inclúe non só a historia da familia, senón tamén de Redondela, xunto con mobles e cadros antigos. Conta coa singularidade de ser un dos poucos pazos de Galicia que aínda se mantén unido coa igrexa parroquial mediante un paso elevado, “o que fai desta edificación do século XVII un punto singular como hai ben poucos na nosa contorna”. Trátase da casa onde naceu Xoán Manuel Pereira (1823-1896), ilustre republicano que inspirou a novela “O señorito da Reboraina”, de Otero Pedrayo, así como o personaxe de don Juan Manuel de Montenegro, de Valle Inclán. Pereira foi gobernador civil na provincia de Pontevedra, e mesmo embaixador de España na China. Seu pai, Ignacio Manuel Pereira, foi xefe dos milicianos na loita contra os franceses na reconquista de Vigo.

A petición de Change.org, posta en marcha polo redondelán Gonzalo Amoedo, sinala que é necesario conservar este inmoble singular “como mostra culta dun tempo pasado”. Advirte que sería “unha mágoa” que Redondela “perdese esta oportunidade de recuperar un dos seus referentes”. Os promotores da iniciativa confían en que, se hai vontade popular suficiente “o Concello de Redondela, a Deputación, a Xunta ou o Goberno Central convertan a casa natal de Xoán Manuel Pereira nun museo que axude a dinamizar Redondela”. A petición xa recolleu máis dun cento de sinaturas a través do enlace https://www.change.org/p/concello-de-redondela-e-demais-administraci%C3%B3ns-p%C3%BAblicas-un-museo-en-reboreda-unha-oportunidade-%C3%BAnica?redirect=false.

O pazo está a venda por 500.000 euros. Suma uns 400 metros cadrados entre salóns, dormitorios, terrazas e demais estancias, distribuídas en dúas plantas. Está rodeado unha leira de 4.100 metros cadrados, e tanto o terreo como o inmoble atópanse en perfecto estado de conservación. Conta coa cualificación de Casa Grande polo que forman parte única do patrimonio galego. A leira e o pazo están a escasos quilómetros do centro da vila, na estrada que vai cara a Pazos de Borbén.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará