Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cinco mil sinaturas para esixir o peche da presa do Inferno

ponte inferno

A Plataforma A Rente do Chan-PLADEVER vén de pór en marcha unha campaña de recollida de firmas na plataforma Change.org para instar á Xunta a que cese a explotación hidroeléctrica no Salto de Ponte Inferno, entre os concellos de Soutomaior e Ponte Caldelas. Unha central que leva 131 anos de actividade e dende o ano 2017 coa concesión caducada.

O pasado 15 de febreiro, Augas de Galicia procedía a someter ao trámite de información pública o expediente de extinción da concesión do aproveitamento hidroeléctrico no río Verdugo correspondente coa presa do Inferno. Ante este novo trámite, a plataforma puxo en marcha unha campaña de recollida de sinaturas que en seis días conseguiu máis de 1.100 firmas. Pero o obxectivo é alcanzar ás 5.000, segundo nos explicaba Jesús de la Fuente, que serán presentadas ante o organismo dependente da Xunta para que se deixe de turbinar a auga do río máis dun século despois do comezo da súa explotación.

A Rente do Chan-Pladever. Jesús de la Fuente

O colectivo lembra que dende o ano 1994 veñen demandando que a empresa concesionaria, Naturgy, cumpra coa legalidade e rebaixe de doce a seis metros o muro que corta a canle do río e se coloque unha reixa para que os peixes non rematen atrapados e triturados nas aspas da presa. Vinte e seis anos, engaden, nos que se incumpriu tanto os requisitos da concesión como as normativas vixentes de augas e ambiental.

Danos na biodiversidade da zona e na Enseada de San Simón

Porén fan un chamamento á cidadanía a sumarse a esta campaña para conseguir o compromiso da Xunta de non promover unha nova concesión da presa Ponte do Inferno e recuperar o leito do río e a súa biodiversidade.

Peticións change.org
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará