Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitoria, empate e derrota para o balonmán local

SARampate

Sorte desigual para os equipos locais na pasada xornada. As mozas da SAR Rodavigo regresaron de Xixón de baleiro. Mellor foron as cousas para os equipos masculinos, o Rodosa Chapela impúxose ao Reconquista e recuperou a segunda praza grazas ao empate da SAR Plastic Omnium ante o Ampate Lanzarote.

División de Honra Prata Feminina

Xixón 26-19 SAR Rodavigo

Ate o minuto 50 aguantou o conxunto redondelán, con marcadores igualados que no descanso reflectían un empate a 11 goles. Pero mediada a segunda parte foron perdendo folgos e as asturianas foron superiores, ampliando cada vez máis a renda ata o 26-19 final. Na próxima xornada reciben ao Handball Camargo.

Primeira Nacional

Forbe Reconquista Vigo 25- 35 Rodosa Chapela

O equipo de Teixeira superou nas Travesas ao pechacancelas. A vitoria permitiulles recuperar a segunda praza da táboa, grazas a que o seu rival directo, o Ampate Lanzarote, non pasou do empate en Redondela ante a SAR. Na próxima xornada o Rodosa reciben en Chapela ao Calvo Xiria, actual líder do grupo e a catro puntos de distancia. A cita é o sábado, día 6, ás 18:30 horas.

SAR Plastic Omnium 21-21 Ampate Lanzarote

Un punto que sabe a triunfo para os de Redondela ante un dos equipos máis fortes da categoría. Cun gol sobre a bucina, os xogadores da SAR empataron un encontro complicado no que a igualdade no marcador foi unha constante. Os canarios só dominaron os primeiros minutos dun partido no que os porteiros de ambas formacións foron os protagonistas. Na próxima xornada teñen un longo desprazamento a terras Canarias, concretamente Gran Canaria. Visitan ao Balonmán Enxeño.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará