Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Volve a feira a Redondela este sábado despois de dous meses

feira

O mercado ocupará toda a Avenida Mendiño para garantir o distanciamento social e estableceranse percorridos unidireccionais co fin de evitar o cruzamento de persoas. A Policía Local e Protección Civil velarán para que se cumpra a distancia de seguridade e o uso da máscara.

Os postos dos feirantes volverán ocupar as rúas de Redondela este sábado, 6 de marzo, logo de dous meses de cancelacións por mor da evolución da pandemia no noso municipio. A mellora rexistrada nas últimas semanas, cunha incidencia acumula de 50 casos por cada 100.000 habitantes este un de marzo, permite, segundo o concello, retomar esta actividade que permanecía cancelada dende o 6 de xaneiro.

Unha feira que contará “cun estrito control da seguridade sanitaria”. Así para garantir o distanciamento social, os postos distribuiranse por toda a Avenida Mendiño, que será pechada ao tráfico e habilitaranse itinerarios alternativos. A Policía Local e Protección Civil vixiarán o cumprimento das normas sanitarias en canto ao uso obrigatorio de máscaras en todo momento e ao mantemento das distancias mínimas de seguridade. Amais, estableceranse rutas de entrada e saída no recinto para evitar tanto aglomeracións como cruzamentos innecesarios de persoas.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, recoñece que “non foi doado” chegar a este punto da desescalada e agradeceu os esforzos feitos pola cidadanía, empresas, hostalería e comercio local para chegar a actual situación de diminución de contaxios pero lembrou que “agora depende de nós e da nosa responsabilidade seguir nesa liña descendente e facer que todos eses sacrificios valesen a pena”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará