Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Febreiro estabiliza as cifras do paro en Redondela

empleo redondela

O número de desempregados no municipio sufriu unha lixeira variación positiva ao rexistrar 6 persoas menos anotadas nas oficinas de procura de emprego con respecto ao mes de xaneiro. Segundo os datos deste martes da Consellería de Emprego, o número de parados en Redondela é de 1.778. Os sectores que máis persoas desempregadas acumulan son tamén os máis afectados polas restricións provocadas pola pandemia, como é o sector servizos que contabiliza no municipio 1.176 parados e a industria con 321 desempregados. No último ano, o paro subiu en Redondela en 80 persoas ao pasar dos 1.698 desempregados de febreiro de 2020 aos 1.778 do pasado mes.

A variación tamén foi mínima en concellos limítrofes como o de Pazos de Borbén, no que hai dúas persoas menos anotadas nas listas do antigo INEM, que suman en total 285 parados neste concello. Tamén resta desempregados Fornelos de Montes, que pasa das 155 persoas sen emprego do mes de xaneiro ás 151 de febreiro.

A tendencia oposta a marca Soutomaior, localidade na que creceu o paro en 13 persoas o pasado mes. Así, os datos da Consellería de Emprego recollen a evolución do paro neste municipio dende os 588 do primeiro mes deste ano aos 601 do pasado febreiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará