Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos baixa ao Nivel 3 o luns e Soutomaior comeza un cribado entre a poboación

luns covid

A situación mantense sen cambios a partir da próxima semana en Redondela e tamén en Soutomaior, aínda que si haberá novidades no concello de Pazos de Borbén que deixa o nivel alto para pasar ao nivel medio, o que permitirá a mobilidade con Redondela e todos aqueles municipios que estean nese nivel tres ademais de supor a apertura da hostalería no interior dos establecementos cun 30% do aforo e no exterior cun 50%.

Tamén se abrirá a mobilidade con aqueles concellos da Área Sanitaria de Pontevedra que estean nese mesmo nivel, xa que a Consellería de Sanidade acordou rematar co peche perimetral conxunto desta área sanitaria, cuxos concellos, dende o luns, analizaranse individualmente segundo a incidencia acumulada que rexistren a sete e a catorce días.

O luns comeza un cribado a 2.500 veciños de Soutomaior

Soutomaior mellorou as cifras nas últimas xornadas pero manterase a próxima semana no nivel máximo de restricións, aínda que xa non será o único de Galicia, tamén se sumarán a este nivel máximo Boborás, A Pobra do Brollón e A Mezquita.

Para tentar frear o número de contaxios, a partir do luns farase un cribado a 2.500 veciños de Soutomaior de idades comprendidas entre os 30 e 64 anos. O cribado, con proba PCR, realizarase no Peirao de Arcada e poderá facerse sen saír do coche ou a pé. Cada unha das modalidades disporá dunha carpa diferente. Os que opten por facer a proba dende o seu vehículo terán que acceder ao recinto dende a rúa Peirao e seguir as indicacións ata rematar o circuíto habilitado.

As autoridades sanitarias tamén autorizaron a realización dun cribado masivo entre a comunidade educativa do municipio. Así faranse probas entre os estudantes do IES de Soutomaior e o CEIP Padín Truiteiro. As probas comezarán no centro de secundaria o mércores, dez de marzo, e logo continuarán no colexio de primaria.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará