Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Digna Rivas: “Reivindicar o papel da muller ten que ser un traballo de todo o ano”

Digna

A concellería de Igualdade de Redondela, que dirixe a alcaldesa Digna Rivas, celebra o 8M, o Día Internacional da Muller Traballadora cunha serie de actos que se prolongarán ao longo de todo o mes, e mesmo o reto do ano. As actividades comezaron co programa “As mulleres contan. Percorrendo camiño” en colaboración con esta radio municipal, e continúa mañá sábado coa inauguración da mostra “Conquistadoras”. A exposición, protagonizada por 60 mulleres galegas de diferentes épocas e disciplinas, quere poñen en valor, “o esforzo que fixeron por abrir camiños antes pechados á muller e a súa loita por acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria”. Rivas explica que entre estas “conquistadoras” están nomes de redondelás como de Ernestina Otero, mestra e pedagoga que exerceu o seu labor a comezos do século XX, ou a nova cineasta Diana Toucedo.

Na inauguración da mostra estarán presentes familiares das mulleres redondelás que protagonizan boa parte da mostra. O formato elixido para esta exposición é o de grandes cubos que, en cada unha das súas caras, amosan a foto da protagonista acompañada da súa biografía. O formato permite darlle á mostra un caracter itinerante xa que a intención da Concellería de Igualdade é que ao longo do ano esta exposición poida percorra as diferentes parroquias do municipio. Durante todo mes de marzo a mostra estará na Alameda Castelao de Redondela, no mes de abril instalarse no paseo marítimo de Chapela e posteriormente viaxará a Cesantes e ao resto de parroquias do municipio. Rivas sinala que actividades como esta “estenderanse ao longo de todo o ano porque a reivindicación da igualdade nin pode nin debe quedar cinguida a un só día, senón que ten que ser un traballo constante durante todo o ano”.

O luns a alcaldesa secundará a folga do 8M xunto co resto de mulleres do goberno local, e participará no acto institucional ás portas do Concello. Ás 11.00 horas lerase o manifesto institucional do Día Internacional da Muller. As encargadas de facelo serán dúas traballadoras redondelás, do sector do mar e do servizo de atención no fogar (SAF).

O martes, día 9 de marzo, Redondela organiza as “I Xornadas de Muller e Igualdade Gemma Pereira Otero”. Trátase dun foro de debate que se fará de xeito telemático e está aberto á participación da veciñanza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará