Terceira División
Alondras 2-1Choco
Mal partido dos de “Gonza” que, se ben chegaba con baixas importantes na súa escadra, non foi quen de amosar o seu xogo. As imprecisións e erros dos redondeláns foron aproveitadas polo Alondras. Escasas ocasións na primeira parte para os dous equipos e ningún gol, co que o encontro se resolvería na segunda metade. Tan pronto comezou o segundo tempo Mauro adiantaría aos seus rematando a pracer na portería de Cortegoso. Con falta de intensidade defensiva o Alondras comezou a xerar máis achegamentos sobre todo por medio das pegadas de Yavhé quen ata en dúas ocasións disparou á madeira. No 51 unha falta a Iano de Firi sería penalizada coa pena máxima e cartón amarelo para o autor da mesma. Dende o punto de penal Comis non errou e subiu o empate ao marcador. Pasados os minutos parecía que o máis meritorio sería un reparto de puntos, pero a expulsión de Elías condicionou o que restaba de encontro. Aitor Díaz marcou para o Alondras no últiomo minuto de xogo e os tres puntos quedaron en Cangas. Fundamentais son os tres encontros que lles queda por disputar ao equipo choqueiro para poder afianzar o obxectivo desta tempada. A primeira final será o domingo en Santa Mariña ante o UD Ourense, 9º do grupo.