O lume orixinouse na tarde de onte domingo, sobre as 16:30 horas, na vivenda situada na parta alta do edificio, sobre o Bar Rivas. O incendio provocou unha gran columna de fume e causou graves danos materiais, aínda que non houbo que lamentar feridos. A voz de alarma dérona varios particulares que chamaron ao 112 Galicia ao ver unha intensa fumareda no número 1 da rúa Santa Mariña. O lume propagouse por todo o inmoble, afectou ao baixo onde se atopa o bar, o primeiro andar que corresponde á vivenda os propietarios do establecemento, e tamén á bufarda da parte superior. Nos labores de extinción participaron efectivos de Protección Civil de Redondela, Policía Nacional, Policía Local, Bombeiros Vigo e Bombeiros Porriño, e numerosos efectivos de emerxencias traballaron de maneira coordinada ata pasadas as 20.00 horas, cando se deu por sufocado o lume. As causas do incendio están a ser aínda investigadas.