A Asociación de Empresarios de Redondela acaba de presentar o seu programa formativo 2021 para traballadores e autónomos, que este ano ofrece cursos para os sectores do comercio, a hostalaría e o metal. As empresas asociadas teñen prioridade na reserva de prazas, pero poder optar tamén a estas actividades traballadores desempregados ou en ERTE. O curso realizaranse na modalidade “en liña”, e o prazo de inscrición está aberto ata fin de mes. Os cursos para o sector do comercio centraranse nas competencias dixitais, atención ao cliente, habilidades de venda e calidade do servizo. Na hostalaría as temáticas serán a cociña innovadora e a xestión da restauración cun curso de 100 horas. Loxística, autocad 3D ou robótica serán as algunhas das materias para o sector do metal. As inscricións poden realizarse por teléfono no 986 404 012, ou a través da páxina web www.empresasredondela.gal.