Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian ao Concello de Soutomaior por verquidos ilegais ao río Verdugo

VerdugoComboa

Augas de Galicia remitiu unha denuncia ao Concello de Soutomaior por realizar vertidos ilegais ao río Verdugo. Nesta sanción, do mes de febreiro, o organismo dependente da Xunta impútalle unha infracción ecolóxica polo incumprimento do artigo 85 da Lei de Augas de Galicia. Trátase de “verquidos non autorizado de augas residuais ao río Verdugo procedente de instalacións municipais en Comboa”. O importe da sanción proposta por Augas de Galicia ascende a 5.000 euros. O voceiro municipal do BNG, Manu Lourenzo, amosouse moi crítico coa xestión do goberno local “por atentar contra o medio ambiente”. O edil nacionalista lamenta que nun momento “de tantas necesidades” as arcas municipais teñan que facer fronte a unha sanción “para pagar as irresponsabilidades ecolóxicas do goberno de Agustín Reguera”. Lourenzo lembra que “hai anos que Augas de Galicia está denunciar as irresponsabilidades do goberno do PP de Soutomaior” que xa foi sancionado “por botar escombro no monte e por contaminar o río”. O voceiro do BNG sinala que desde hai meses solicitaron ao goberno local a documentación sobre as denuncias ambientais recibidas no Concello e a contía das sancións ” pero a día de hoxe Reguera incumpre a lei e oculta esa información” segundo denuncia Lourenzo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará