Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela limita a 30 quilómetros por hora a velocidade en todo o casco urbano

sdr

O Concello de Redondela anuncia a rebaixa da velocidade de circulación en todo o casco urbano aos 30 quilómetros por hora para reducir a sinistralidade e posibles atropelos. Deste xeito adáptase xa ás novas medidas establecidas pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT) e que entrarán en vigor no vindeiro mes de maio. Esta limitación da velocidade afecta ás rúas Ernestina Otero, Paseo da Xunqueira, Pai Crespo, José Regojo, II República, Alfonso XII, Ribeira e Xeneral Rubín. Outra das modificacións que entrarán en vigor, seguindo tamén as directrices da DXT, é a de reducir a velocidade a 20 quilómetros por hora nas rúas interiores do casco urbano de plataforma única, lugares que rexistran un elevado tránsito de de peóns e peregrinos. A alcaldesa, Digna Rivas, sinalou que a medida adoptada “resolverá tamén os problemas da elevada velocidade de circulación na rúa Eidos que ocasionaba frecuentes queixas por parte da veciñanza”. Lembrou que esta rúa “encádrase tamén nas que verán rebaixada a velocidade dos 50 aos 30 quilómetros por hora”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará