Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un conductor por agredir á policía e dar positivo en alcolemia

POLICIAdetido

A Policía Local de Redondela detivo a pasada noite a un varón por un delito de amezas graves e atentado á autoridade. Os feitos sucederon no centro urbán da vila, onde o coche do detido estaba mal estacionado e impedía o paso pola rúa dos demais vehículos. Desde o primeiro momento amosouse agresivo e enfrontouse aos axentes, aos que cuspiu, lanzou un cigarro e mesmo agrediu. A Policía procedeu á súa detención e foi trasladado a un centro sanitario, onde volveu resistirse causando danos no vehículo policial e tamén na ambulancia na que foi traslado debido á súa agresividade. O individuo negouse a realizar as probas de alcolemia, tras alcanzar unha taxa de 0,79mg/l nunha proba de muestreo realizada polos axentes. No operativo colaboraron axentes da Policía Nacional tanto no lugar do suceso como no hospital.

Accidente con condutor á fuga en Chapela

A Policía Local investiga a un conductor de Chapela implicado nun accidente de tráfico con feridos por darse á fuga tras o sinistro. Localizado o conductor, os axentes comprobaron que o carecía de permiso para conducir, polo que deronr conta ao Xulgado de Garda de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará