Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Porto amplía 40.000 metros para uso industrial e de almacenaxe en Rande

ExplanadaRande

A Autoridade Portuaria de Vigo incorpora outros 40.000 metros cadrados na Explanada de Rande e na zona coñecida como o Peirao da Pedra “con fins industriais e de almacenaxe”, segundo denuncia o voceiro municipal do BNG, Xoán Carlos González. Sinala que o novo presidente do Porto, Jesús Vázquez Almuíña, segue a mesma política “continuísta” de López Veiga e lamenta que Redondela non teña boas novas sobre o futuro da beiramar do municipio e da Enseada San Simón. Rebate o edil nacionalista ás afirmacións de que aumentan as desafeccións e sinala que o único que se certifica na Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP) “é que aqueles terreos improdutivos ou xa consolidados como espazos de lecer, non son rendibles economicamente e polo tanto desvincúlanse deles”. González sinala que, pola contra, a Autoridade Portuaria medra nuns 40.000 metros cadrados na zona de Rande ao incorporar dúas parcelas: unha delas na explanada de Rande e outra no denominado Peirao da Pedra “coa finalidade de que estes terreos permitan realizar actividades de carácter industrial e de almacenamento para o Porto”. Denuncia o voceiro municipal do BNG que se están dando novos pasos “para que a beiramar de Rande teña un futuro industrial”, opción que dende organización nacionalista rexeitan. Apostan porque esta zona incluída na Rede Natura 2000 se reserve “para a recuperación medioambiental da Enseada San Simón”.

Segundo González o novo presidente da Autoridade Portuaria “non renuncia ao Proxecto de Accesos á Explanada de Rande, o que consolida a idea de convertela en zoa industrial, polo que dende o BNG, presentamos no seu momentos alegacións”, recorda.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará