O alumnado de 6º curso de Primaria do CEIP Plurilingüe Reboreda visitou o mércores a exposición “Conquistadoras”, na Alameda de Redondela, dentro das actividades deseñadas polo centro para traballar o Día da Muller dende diferentes perspectivas. Para sacarlle máis partido á visita, a rapazada traballou por parellas para completar un caderno de investigación con preguntas sobre as mulleres que forman parte da exposición. Os escolares percorreron todos os paneis lendo a información e completando os seus traballos. Ao rematar, fixeron unha posta en común e cada un falou da muller que máis lle impresionou. O profesorado sinala que se trata dunha actividade “fantástica para ter novos referentes e axudarnos a educar en igualdade”.
Esta visita súmase as actividades levabas a cabo durante todo o mes de marzo no centro de Reboreda, como investigacións sobre mulleres relacionadas co cambio climático, sesións de contacontos en feminino, talleres en 6º para traballar a menstruación, etc.