Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén aproba a súa primeira ordenanza de Emerxencia Social

Pleno ordenanza emergencia social (2)

O Concello de Pazos aprobou no último pleno da corporación a primeira ordenanza de Emerxencia Social da súa historia. A normativa que regulará a xestión municipal das axudas destinadas a evitar situacións de exclusión social e que o goberno local saca adiante “ante o aumento de solicitudes derivadas da pandemia”, indicou a concelleira de Servizos Sociais, Eloísa Nogueira. Até o de agora os orzamentos municipais incluían unha partida “para atender as necesidades dos veciños que pasaban por situacións económicas complicadas”, sinala Nogueira, pero o Concello “carecía dunha normativa municipal específica que regulase o proceso”. A edil confía en que esta nova ferramenta permita ao departamento de Servizos Sociais “ser máis áxiles e eficientes na axuda ás familias que o necesitan”. A ordenanza servirá para xestionar todas as axudas de Emerxencia Social tanto do Concello como da Deputación de Pontevedra. Entre estas axudas destacan as destinadas á compra de alimentos, produtos de hixiene, roupa e electrodomésticos básicos ademais das destinadas ao pago de subministracións do fogar, medicamentos, axuda á infancia entre outros gastos básicos.

Actualización do inventario municipal

Do mesmo xeito, o pleno municipal tamén deu o visto e prace á actualización do Inventario Municipal de Bens e Inmobles, que agora está dixitalizado. O goberno local sinala que isto permitirá “mellorar a xestión do patrimonio local e reducirá notablemente os trámites urbanísticos que necesitan os veciños”. O documento recolle os vehículos, solares, bens patrimoniais, parques, xardíns, edificacións docentes e instalacións deportivas propiedade do Concello, entre outros conceptos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará