Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Proxéctanse dous parques eólicos en Fornelos de Montes

foxo lobo

En total 19 aeroxeradores que se instalarían neste municipio segundo se recolle nos proxectos Coto das Eras e Coto Eiras, dous dos 16 parques eólicos que están na actualidade en tramitación e que afectan á Serra do Suído. Dende as asociacións ecoloxistas e o Bng esixen a paralización destes parques e a preservación da riqueza deste espazo natural que se vería ameazada por proxectos que “procuran maximizar beneficios sen importarlles os graves impactos negativos da construción de pistas de acceso, instalación de aeroxeradores, construción de subestacións e redes de evacuación de enerxía”.

Pedro Pérez, BNG Fornelos de Montes

No caso de Fornelos de Montes, Pedro Pérez, do BNG local, alerta das consecuencias que tería a instalación desa vintena de muíños de vento para o patrimonio natural, etnográfico e cultural do municipio. O Camiño dos Arrieiros, a Calzada do Alén, ou as chozas, seteiros e foxos de lobos, como o da Portela, son algúns dos elementos máis salientables do patrimonio da zona e que, segundo denuncian, serán danados pola instalación dos muíños e a infraestrutura precisa para a súa explotación.

Consecuencias patrimonio Fornelos

A formación política presentou no Parlamento de Galicia e tamén nos concellos afectados, distintas iniciativas, entre elas, unha proposición non de lei para instar á paralización dos proxectos así como a protección do territorio a través da integración da Serra do Suído e Alto Tea na Rede Natura, a protección das zonas húmidas, das concas dos ríos Oitavén e Verdugo, ademais do Avia e o Tea. Tamén instan a declarar este territorio Ben de Interese Cultural na modalidade de paisaxe cultural.

Paralización parques e protección da zona

Os nacionalistas teñen en marcha unha campaña de información e mobilización social a través de charlas, roteiros, recollida de sinatura e reunións con colectivos sociais. O obxectivo, sinalan, alertar das irregularidades da tramitación dos megaparques eólicos debido á división fraudulenta dos proxectos en unidades máis pequenas e á ausencia de avaliación ambiental conxunta de proxectos que comparten infraestruturas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará