Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela manda nas regatas femininas de bateis

RemoPortoVila_n

Como xa fixera na Bandeira Porto de Vilagarcía, o CR Chapela impúxose onte na categoría feminina na V Bandeira Amegrove de Bateis, celebrada en Porto Meloxo, O Grove. A bandeira masculina foi tamén de novo para o conxunto dos equipos da S.D.Samertolaméu, que sumaron 18 puntos; seguidos de Chapela, con 14, e Bueu, 13. Na bandeira feminina C.R.Chapela impúxose con 12 puntos, con Robaleira a continuación (10) e Samertolaméu, 9.

Tanto Chapela como Samertolameu confirmaron o seu gran estado de forma con tres vitorias cada club nas dez categorías. Tamén fixo un excelente papel o outro club redondelán, Cesantes, cun triunfo, ao igual que Vila de Cangas, Robaleira, e Amegrove.

Gran xornada de remo a disputada onte, anticipo nas próximas fins de semana cos Campionatos Territoriais, Autonómicos e o Campionato de España os días 24 e 25.

Regatas masculinas: Alevíns: 1. Samertolaméu, 2.47:44; 2. Bueu, 3.11:91; 3. Chapela, 3.14:68. Infantís: 1. Cesantes, 4.37:23; 2. Tirán, 4.45:60; 3. Virxe Guía, 4.52:92. Cadetes: 1. Chapela, 6.39:96; 2. Samertolaméu, 6.42:65; 3. Mecos, 6.45:40. Xuvenís: 1. Amegrove, 8.40:23; 2. Bueu, 8.43:40; 3. Chapela, 8.54:97. Absolutos: 1. Samertolaméu, 8.05:13; 2. Bueu, 8.05:43; 3. Mecos, 8.11:89.

Regatas Femininas: Alevíns: 1. Vila Cangas, 3.28:89; 2 Chapela, 3.57:98; 3 Tirán, 3.58:84 Infantís: 1. Samertolaméu, 4.58:20; 2. Tirán, 5.03:33; 3. Mecos, 5.10:46. Cadetes: 1. Chapela, 7.29:07; 2 Robaleira, 7.34:25; 3. Amegrove, 7.42:75. Xuvenís: 1. Chapela, 9.48:55; 2. Chapela, 10.14:71; 3. Samertolaméu, 11.03:44. Absolutas: 1. Robaleira, 9.19:04; 2. Arealonga, 9.35:53; 3. Samertolaméu, 9.41:64.

Bandeira Porto de Vilagarcía

O C.R. Chapela proclamouse campión da Bandeira Porto de Vilagarcía, disputada o xoves en Vilaxoán. Unha nova vitoria por puntuación das mozas de Chapela, que levaron a bandeira feminina con 11 puntos, seguidas de Samertolaméu, segundo, e Mecos, terceiro, ambos con 10 puntos. E na bandeira masculina tamén repetiron triunfo os mozos da SD.Samertolaméu de Meira, que sumaron 19 puntos, con Bueu de segundo con 16, e Mecos terceiro con 10 puntos. Os barcos de Redondela tamén acadaron algún podio masculino, cunha prata para Cesantes na categoría infantil e un bronce para Chapela na regata cadete.

Resultados regatas Femininas. Alevín: 1.- Cabo Cruz, 2.43:33; 2.- Vila de Cangas, 2.50:45; 3.- Chapela, 3.13:25.- Infantil: 1.- Samertolaméu, 5.15:93; 2.- Tirán, 5.21:41; 3.- Cabo Cruz, 5.22:95.- Cadete: 1.- Mecos, 8.07:55; 2.- Chapela, 8.10:89; 3.- Robaleira, 8.14:78.- Xuvenil: 1.- Rianxo, 10.38:36 2.- Cabo Cruz, 11.30:98; 3.- Samertolaméu, 12.13:84.- Absoluta: 1.- Robaleira, 10.15:74; 2.- Samertolaméu, 10.20:35; 3.- Chapela, 10.23:23.

Resultados regatas Masculinas. Alevín: 1.-Samertolaméu, 2.51:38; 2.- Samertolaméu, 3.03:14; 3.- Bueu, 3.03:52.- Infantil: 1.- Rianxo, 4.54:81; 2.- Cesantes, 5.01:54; 3.- Virxe Guía, 5.12:71.- Cadete: 1.- Samertolaméu, 7.14:53; 2.- Vilaxoán, 7.19:58; 3.- Chapela, 7.22:54.- Xuvenil: 1.- Bueu, 9.35:47; 2.- Amegrove, 9.35:73; 3.- Cabo Cruz, 9.39:11.- Absoluto: 1,. Bueu, 8.58:36; 2.- Samertolaméu, 9.03:01; 3.- Tirán, 9.10:10.

En todas as regatas houbo numerosa participación con máis do centenar de tripulacións, pertencentes aos máis de vinte clubs habituais da provincia e nas categorías oficiais de alevíns, infantís, cadetes, xuvenís e absolutos, masculinos e femininos.

O forte vento obrigou a suspender o sábado a VII Bandeira Lavanova de bateis organizada polo Club de Remo Mecos no Grove, á que haberá que buscar unha data alternativa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará