Representantes dos traballadores do Servizo de Emerxencias e Incendios de Redondela (SEIS), trasladaron aos concelleiros do PP a súa preocupación “pola falta de información desde o goberno local sobre a súa situación cando empece a funcionar o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES)”. A voceira popular Carmen Amoedo demanda que a alcaldesa, Digna Rivas, e o xefe de Persoal “informen a estes profesionais e resolvan calquera dúbida que teñan para garantir a súatranquilidade en relación coas súas funcións e o seu futuro laboral”. O PP, que defendeu a creación do GES, advirte que porán “como condición indispensable e irrenunciable” para apoiar esta iniciativa, que os membros do SEIS manteñan intactos “todos os seus dereitos laborais”. O SEIS conta actualmente con tres profesionais e o GES debe de dispor de seis membros. Amoedo asegura que o PP “en ningún caso apoiará unha proposta de fusión de ambos os grupos” e entende que deben traballar “coordinados” para garantir que Redondela teña un servizo de emerxencias “24 horas ao día os 365 días do ano”.