Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela participa con tres barcos no Campionato de España de Bateis

CHAPELAbateis

Esta fin de semana celébranse en Meira (Moaña) os LXXVIII Campionatos de España de Bateis. Galicia é a comunidade que achega máis barcos, con 33 bateis de 18 clubs, que se medirán a 22 do País Vasco, 20 de Cantabria, 2 de Asturias e un de Cataluña. Redondela estará representada con tres embarcacións do C.R. Chapela, logo de acadar o billete a pasada fin de semana no Campionato Galego. Será nas categorías xuvenil e absoluta feminina, e cadete masculina. Un balance moi positivo para o club redondelán, que se amosa moi satisfeito dos resultados logo dunha boa temporada. O presidente, Julio Prado, lamenta que non participe nesta cita estatal a categoría alevín, xa que se terían clasficado tanto o equipo masculino como o feminino, que acabaron en 3º lugar no Campionato Galego.

Julio Prado, presidente do C.R. Chapela

Tan só o club de Rianxo supera a Chapela en participación no Campionato de España, con catro equipos; tamén con tres competirán Samertolaméu, Mecos e Tirán; Bueu, Cabo, Ares e Cabana Ferrol asisten á proba estatal con dous bateis, e cun únco equipo estarán Robaleira, Riveira, Perillo, Poboa, Virxe da Guía, Muros, Amegrove, Vilaxoán e Mera.

Mañá sábado pola tarde serán as eliminatorias a partir das 16.00 horas. O domingo pola mañá serán as regatas de consolación a partir das 10.00 horas e as bandeiras decidiranse a partira das 11.30 coas finais das catro categorías: infantís, cadetes, xuvenís e absolutos masculinas e femininas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará