Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos renova a numeración das casas cunha sinalización uniforme

Renovación numeración

O último ano marcado pola crise da Covid supuxo un incremento das compras por internet e o reparto a domicilio. Este efecto tamén se deixa sentir en municipios rurais como Pazos de Borbén, onde ás veces os repartidores teñen traballo “extra” para dar cos domicilios, o que pode ocasionar atrasos nas entregas aos veciños. Para solucionar esta situación, o Concello de Pazos de Borbén decidiu renovar a numeración de todas as casas do municipio cunha nova sinalización. O alcalde, Andrés Iglesias, confía en que a nova numeración solucione estes problemas xa que as novas placas “teñen unha información máis completa, co número da casa e o nome da rúa ou o lugar” e ademais achegan unha imaxe “máis uniforme” a todo o municipio. Os traballos de instalación das novas placas comezan estes días. Operarios dunha empresa especializada percorrerán todo o municipio para informar aos veciños e instalar a nova rotulación. Os veciños que non poidan estar nos seus domicilios para a instalación poderán recoller as súas novas placas na Casa do Concello.

Dixitalización do rueiro

Previamente aos traballos de instalación da nova numeración o Concello está a levar a cabo unha dixitalización de toda a rede de camiños e estradas do municipio. Unha mellora que, segundo Iglesias, permitirá manter actualizada a cartografía municipal e que ademais “facilitará as tarefas de consulta necesarias en diversos trámites urbanísticos, tanto por parte dos veciños como da propia administración pública”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará