Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Panos de vinagre” para visibilizar a violencia machista

dav

A acción escénica de Laura Villaverde levou esta mañá a Redondela a historia de moitas vítimas da violencia de xénero. A actriz tudense rememorou lembranzas da súa bisavoa, Xenerosa, quen lle contaba que as mulleres poñían “panos enchoupados en vinagre” para curar as mazaduras logo de recibir unha malleira por parte do home. Na voz da súa propia avoa lembrou esas historias silenciadas, das que ninguén falaba “e que non se podían denunciar porque non había ningún apoio”.

A voz da avoa lembra unha época na que o maltrato ás mulleres era invisible

A actriz, cunha posta en escena rechamante e rompedora, lembrou esta historia familiar “tráxica e violenta” que perdura ao longo das diferentes xeracións.

Laura Villaverde explica como esta historia familiar de violencia a marcou

A proposta escénica forma parte do programa Mulleres en acción: Violencia Zero, da Deputación de Pontevedra. Este Programa, que alcanza a súa VI edición, ten por obxectivo “darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas, así como dar a coñecer o labor de novas artistas que están a traballar a prol da igualdade”, tal como explicou a presidenta da Deputación Carmela Silva. Tamén a alcaldesa, Digna Rivas, lembrou a importancia de denunciar todo tipo de violencia contra a muller, e non esquecer que é labor de toda a sociedade “acabar con esta lacra”. Advertiu que tal como acontecía hai décadas, a día de hoxe “aínda hai homes que prenden lume ás súas casas coa muller dentro”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará