Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Traballadores municipais mobilízanse “por uns servizos públicos dignos”

dav

Ducias de empregados municipais de Redondela concentráronse esta mañá ás portas do Concello convocados polos sindicatos CIG, CSIF e UXT. Baixo o lema “Contra a situación indigna dos servizos públicos de Redondela” reclamaron ao goberno local “máis persoal e medios”. As centrais sindicais advirten que sen recursos “non se poden prestar uns servizos públicos de calidade á cidadanía”. Critican ao goberno local “pola falta de transparencia” en materia laboral e demandan unha mesa de negociación para tratar os asuntos que preocupan ao persoal. Recoñecen que estas carencias “non son novas” e que os traballadores levan anos perdendo dereitos laborais. Logo de case dous de goberno do actual bipartito esixen “feitos e non só palabras” porque neste tempo “non se ten avanzado nada”, sinala a representante do CSIF.

Os sindicatos demandan máis persoal e medios para prestar uns servizos públicos de calidade aos veciños

Os sindicatos piden que se cubra todos os postos de traballo do Concello, incluídas vacantes por baixas e xubilacións. Manifestaron a súa preocupación pola posta en marcha do Grupo de Emerxencias Municipais ao descoñecer cantos operarios se van contratar e como vai afectar aos traballadores do Servizo de Emerxencias Municipal (SEIS).

Na sesión plenaria celebrada onte a voceira do PSOE, María Castro, recoñeceu que existe falta de persoal no Concello “porque o anterior goberno o desmantelou” e anunciou que se están a realizar varios procesos de contratación para cubrir vacantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará