Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A mostra “Mulleres en pandemia” trasládase a Chapela

ExpoPAxaretas

Logo da boa acollida da mostra no paseo da Xunqueira en Redondela, a asemblea feminista Paxaretas traslada a súa exposición á Alameda Rosalía de Castro de Chapela. “Mulleres en pandemia” recolle as fotografías e testemuñas de máis de medio cento de mulleres sobre as súas vivencias no eido laboral durante a pandemia. Profesionais da sanidade, educadoras, panadeiras, investigadoras, froiteiras, empresarias, limpadoras, etc. están presentes nesta exposición que quere amosar que “todos os traballos, remunerados ou non, son esenciais e que todas as traballadoras suman na sociedade”. Coincidindo co día 1 de maio, día da clase traballadora, a mostra inaugúrase en Chapela, onde poderá visitarse ata o 15 de maio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará