Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco depende de si mesmo na loita polo ascenso

ChocoVilalbes

Vilalbés 1-1 Choco

Esta fin de semana xogábase a quinta xornada da segunda fase na que podían decidirse as prazas da fase de ascenso. Pero, en contra do previsto, nada quedou escrito e haberá que esperar á próxima e última xornada, o 9 de maio, para saber que dous equipos xogarán o “play-off” á 2ºB RFEF. O CD Choco viaxaba a Vilalba coa intención de puntuar para seguir con opcións nesta loita e conseguiuno. Ao final da primeira parte os de “Gonza” puxéronse por diante cun gol de falta de Martín Rafael cumpridos os 45 minutos. Despois do descanso o Vilalbés saíu a buscar o empate, obxectivo que conseguiron aos 10 minutos do segundo tempo. Tras un falta dende a lateral e logo de varios rexeites o balón chegou a Dani Pedrosa, quen subiría o empate ao marcador. Despois do 1-1 o CD Choco aguantou o envite local uns minutos, e despois volveron coller o control do partido e a xerar ocasións, malia que non conseguiron materializalas e só puideron sumar un punto.

O Choco depende de si mesmo para acadar unha praza na fase de ascenso. O domingo, ás 17.00 xogará a última xornada ante o Silva, que xa non ten opcións. Se gaña o partido loitará seguro polo ascenso xa que os outros dous aspirantes, Vilalbés e Estradense, xogan entre eles. Sexa cal for o resultado na Estrada, se o Choco gaña ante o Silva ten a praza asegurada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará