Xa está en marcha un novo cribado masivo nas farmacias de toda a provincia de Pontevedra para detectar casos de Covid persoas asintomáticas. Dentro dun programa subscrito entre a Consellería de Sanidade e o Colexio de Farmacéuticos, nesta ocasión a poboación diana é a que ten entre 12 e 64 anos. En total están chamadas a participar 617.000 persoas. Só están excluídas as que pasaron a enfermidade nos últimos tres meses, as que residan en centros de maiores ou de discapacidade e as que sexan contacto de seguimento. Os farmacéuticos animan á veciñanza a participar e facer este test de cuspe, que é voluntario e gratuíto. Na farmacia daranlle un tubo que leva un código de barras. A mostra deberase recoller á primeira hora da mañá, antes de almorzar e de lavar os dentes. Hai que entregala na farmacia antes das 10.30 horas. O farmacéutico será o encargado de recoller a mostra e rexistrala no sistema. Os resultados coñécense ao cabo de 24 a 48 horas a través dunha mensaxe no teléfono móbil. Nas boticas sinala que participar “é un exercicio de responsabilidade individual, pero de beneficio colectivo”. Este cribado, con test de cuspe, non ten data de finalización. As farmacias van facelo durante o tempo que sexa necesario.
Case 400 farmacias da provincia de Pontevedra participan neste cribado, unha ducia delas na comarca de Redondela.
Estas son as farmacias da comarca onde pode solicitarse a proba
Redondela:
Andrea C. Domínguez, rúa Xeneral Rubín, 27
Manuela Giménez de Azcárate, rúa Ribeira, 4
María Concepción Verde, estrada de Cedeira, 14
María Soledad González, na estrada de Pazos, Reboreda
Ana Isabel Escudero, Avda. de Redondela; Chapela
Marina Huarte, Avda. de Vigo, Chapela
María Dolores Pereiro, Subida a Mouriño, Chapela
Soutomaior:
Eugenia Presas, Avda. José Solla, 3
Begoña Viana, rúa Alexandre Bóveda, 9
Francisco Javier Piñeiro, Avda. José Solla, 61
Pazos de Borbén:
María Luz Rodríguez, rúa Pazos, 26.
Fornelos de Montes:
Juan Cancela Ávila, praza da Igrexa, 14.