Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Chapela por violencia machista

POLI-00000002

Axentes da Policía Local de Redondela detiveron na tarde de onte a un veciño de Parada, Chapela, por un presunto delito de malos tratos continuados contra a súa muller. Os axentes desprazáronse ao domicilio ás 15.00 horas de onte ao ser alertados por un fillo da parella, un menor de 16 anos de idade. O mozo chamou á Policía ao presenciar como o seu pai golpeaba á súa nai. Unha vez no domicilio os axentes interrogaron á parella, e do seu relato concluíron que podía tratarse dun caso de malos tratos continuados e arrestaron ao varón, de 52 anos de idade. Non consta que a muller, tamén de 52 anos, fixera denuncias previas. Está previsto que o detido pase hoxe a disposición xudicial.

Conmoción polo falecemento dun octoxenario na rúa Pai Crespo

Eta mañá, minutos despois das 9.00, os veciños daban aviso a emerxencias logo de que un home de 84 anos caise desplomado na rúa. Os servizos sanitarios desprazados ao lugar tentaron reanimar ao varón durante case unha hora, e finalmente confirmaron o seu falecemento. Todo apunta a que a morte se produciu por causas naturais. O falecido, J.D.S., era veciño de Trasmañó. No operativo participaron axentes da Policía Local de Redondela, que mantiveron cortado o tráfico na rúa Pai Crespo pola presenza das ambulancias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará