A cita do remo deste sábado, día 8, está en augas de Redondela. Baixo a organización do club de Remo de Cesantes celébrase a II Bandeira Rodavigo de traiñeiriñas. Participarán todas as embarcacións do sur de Galicia, incluídas as dos clubs redondeláns de Cesantes e Chapela. A cita é ás 16.00 horas, e inclúe a I Bandeira Rodavigo de veteranos.
E o domingo día 9 pola mañá, a partir das 11.00, as embarcacións desprazaranse a augas do Morrazo para disputar a XXXIV bandeira Concello de Moaña de Traiñeiriñas.