Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela terá a súa vía verde en outono

ViaVerdePresen

Logo de anos agardando, a senda verde de Chapela pola vía do tren en desuso xa está máis preto. Comezaron as obras de limpeza do trazado para que a próxima semana arranque a execución das obras. A alcaldesa, Digna Rivas, e os responsables de Naos Arquitectura, que realiza o proxecto, fixeron onte unha presentación para os veciños na Alameda Rosalía de Castro. O arquitecto Miguel Porras responsable das obras explicou que esta primeira fase da senda, que ten un prazo de execución de 6 meses, constará dun tramo de 1,2 quilómetros de lonxitude. Irá desde a ponte que fai de límite co Concello de Vigo ata o antigo apeadoiro. No espazo do apeadeiro crearase unha praza cunha área infantil e zonas de descanso para crear un espazo de lecer e convivencia.

O arquitecto Miguel Porras explica como será a praza que se construirá no antigo apeadeiro

O arquitecto do proxecto sinalou que o paseo servirá para recuperar unha zona agora en desuso “que se vai transformar nun novo espazo de convivencia para os veciños”. Neste sentido explicou que a vía do tren, que antes “dividía” a parroquia, vaise converter “nunha vía de conexión”.

A vía verde transformará un espazo en desuso nunha zona de lecer e convivencia

Na maior parte do trazado a vía verde ten un ancho de entre 4 e 5 metros. Será un novo espazo de esparexemento para peóns e ciclistas “con mobilidade compartida”. O técnico explicou que o ancho do trazado é o da antiga liña férrea “e non hai espazo suficiente para crear sendas diferencias para xente peóns e bicicletas”. Explica que debe ser un espazo de “convivencia” onde veciños de todas as idades poidan pasear ou facer deporte. Ao longo do percorrido, onde o espazo o permita, instalaranse bancos, miradoiros e zonas de descanso. Tamén cobra especial importancia a vexetación, xa que se trata dunha “senda verde” cun percorrido botánico con diferentes especias de plantas e árbores. O firme do paseo será tamén natural, cunha mistura de xabre e cemento.

Rivas sinalou quixo presentar aos veciños os detalles da Vía Verde “agora que é unha realidade” ao tempo que lembrou que se trata dun proxecto posto en marcha “polo anterior goberno local”. A alcaldesa recoñeceu que se salda así “unha débeda que o Concello ten con Chapela desde hai anos”.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela, sinalou que o Concello salda así unha débeda con Chapela

A actuación conta cun investimento de 778.000 euros e un prazo de execución de 6 meses, polo que confían en que estea rematada en outubro ou novembro. As obras están financiadas nun 80% con fondos europeos do programa EDUSI para o desenvolvemento urbano sostible e o 20% restante con cargo ao Concello de Redondela.

Infografía da nova Vía Verde proxectada por Naos Arquitectura
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará