Hoxe venres, ás 20.30 horas, vaise celebrar unha charla informativa organizada polo BNG de Soutomaior na Casa da Cultura Rexina Míguez. O obxetivo é “visibilizar” a situación actual de proliferación dos parques eólicos en Galicia. O BNG denuncia “a política escurantista” que a Xunta desenvolve neste ámbito. Ao coloquio informativo acudirán membros das comunidades de montes da contorna de Soutomaior, así como veciñanza interesada no tema. Baixo o lema “Nin espolio dos nosos recursos, nin depredación do noso territorio”, a agrupación nacionalista insistirá na súa posición de apoio a unha enerxía eólica “sustentable, xusta e galega”. No acto participará Manu Lourenzo, protavoz do BNG de Soutomaior e deputado no Parlamento de Galicia, Alexandre Cendón, da Asemblea do Suído e Presidente da Aula Castelao de Filosofía, e Xosé Antón Rodríguez, concelleiro do BNG en Oia e presidente da CCMM de Oia.