Desde hoxe luns e ata o vindeiro venres, día 14 de maio, a Concellería de Medio Ambiente pecha por obras menores o paseo fluvial do río Maceiras. Os traballos consistirán na recolocación dos muros de contención que sufriron danos polas enchentes do inverno. Tamén se acondicionará o firme, que resultou deteriorado coas escorrentías. Estas actuacións veñen englobadas dentro da declaración responsable que ten otorgada o Concello de Redondela por Augas de Galicia para a limpeza e o mantemento dos ríos do municipio.