Dobre cita esta fin de semana para os clubs de remo da provincia, que se viu condicionado polas condicións meteorolóxicas e o forte vento. A traiñeiriña feminina de Chapela gañou o sábado a II Bandeira Rodavigo, e que foi a única que se puido celebrar, xa que o forte vento impediu disputar as probas masculinas. Si puido disputarse a regata de traíñas de veteranos, na que se impuxo o C.R. Cesantes, organizadores do evento, por diante de Chapela.
II Bandeira Rodavigo: Absoluta Feminina: 1.- Chapela, 18.05:21; 2.- Robaleira, 18.23:89; 3.- Tirán, 18.29:36; 4.- Tirán-B, 19.43:47; 5.- Chapela-B, 20.12:64.
I Bandeira Veteranos Rodavigo: 1- Cesantes, 14,56,96; 2-Chapela 14,58,48; 3-Tirán 15,15,39; 4-Muros 16,11,05.
O domingo en Tirán o vento, máis feble, permitiu disputar todas as probas da XXXIV Bandeira Concello de Moaña de traiñeiriñas que organizou a S.D.Tirán nos peiraos do Con. A bandeira feminina foi para as anfitrioas da S.D.Tirán, por diante de Cabo de Cruz e con Chapela no 5º posto. A bandeira masculina foi para Samertolaméu, que sumou 8 puntos, por diante de Chapela e Bueu, igualados con 6 puntos. Vitoria de Cabo de Cruz en xuvenís, en competencia con Chapela, Amegrove, Bueu, Narón e Samertolaméu. E na proba de absolutos Cabo de Cruz gañou con claridade, por diante de Samertolaméu, Ares, Meira e Cesantes, que foros os máis rápidos.
Na regata de traíñas da Liga Galega de Veteranos Chapela acadou o 1º posto e Cesantes o 2º.
Absoluta feminina: 1.- Tirán, 16.11:51; 2.- Cabo Cruz, 16.11:68; 3.- Robaleira, 16.18:79; 4.- Chapela, 16.24:45; 5.- Chapela, 16.52:60.
Xuvenil masculina: 1.-Cabo Cruz, 15.17:34; 2.- Chapela, 15.26:12; 3.- Amegrove, 15.36:96; 4.- Bueu, 15.44:14; 5.- Narón, 15.51:07; 6.- Samertolaméu, 16.21:18.
Absoluto masculino: 1.- Cabo Cruz, 14.37:69; 2.- Samertolaméu, 15.02:53; 3.- Ares, 15.11:88; 4.- Meira, 15.16:31; 5.- Cesantes, 15.55:23.