Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela reforza os Servizos Sociais con tres unidades técnicas

ServizosSociais8marzo

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Redondela, que dirixe a alcaldesa Digna Rivas, vaise reestruturar para “axilizar o e reforzar a súa capacidade de resposta ás necesidades da veciñanza”. A reorganización deste departamento vai supoñer a creación de tres unidades técnicas, dúas en Redondela e unha en Chapela, “o que permitirá a redistribucir aos usuarios non só dos núcleos urbanos senón tamén das parroquias”, sinala Rivas. A alcaldesa explica que deste xeito poderán ser atendidos “coa axilidade que se espera dun servizo destas características”. Esta mellora é posible grazas á contratación de dúas traballadoras eventuais que reforzarán ao persoal xa existente, o que permitirá a ampliación dos días de atención ao público. Estes cambios permitirán poñer en marcha o servizo de teleasistencia de libre concorrencia ou o Plan de Axudas Técnicas. Rivas sinala que estas e outras medidas “tiveron que ser adiadas no seu momento pola crise sanitaria da Covid-19”. Explica que unha vez a situación de pandemia tende a estabilizarse “é hora de retomar os proxectos do goberno local, e entre os prioritarios está o reforzo de servizos básicos á cidadanía como os Servizos Sociais”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará