Hoxe é Luns 14 de Abril de 2025

Redondela selecciona a 19 traballadores para a limpeza de praias

PlraiaCesantes

O Concello de Redondela ten aberto un proceso de selección de persoal para traballar na limpeza de praias. Trátase dun xefe de equipo, 3 oficiais condutores e 9 peóns, con 3 dos postos reservados para persoas con diversidade funcional. Unha segundo convocatoria ofrece 6 postos de peóns para persoas en risco de exclusión social, con 2 postos reservados para persoas con diversidade funcional. En todos os casos a función dos traballadores será prestar servizo de conservación, limpeza e mantemento dos espazos públicos nas praias de Redondela e do seu entorno natural. O prazo de presentación de instancias está aberto ata o venres, 14 de maio. As bases e toda a información pode consultarse na páxina web do Concello de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: