Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Éxito das Xornadas Gastronómicas do Choco que continúan ata o domingo

ChocoExito

As Xornadas Gastronómicas Choco de Redondela, que se desenvolven ata o vindeiro domingo día 16 de maio, pecharon a seu primeiro fin de semana cun éxito que superou as previsións máis optimistas dos organizadores. O certame busca poñer en valor este produto da enseada de San Simón, ante a imposibilidade ce celebrar a tradicional Festa do Choco por mor da pandemia. Ao mesmo tempo as xornadas serven para dinamizar a hostalaría local, un dos sectores máis castigados pola crise da Covid-19 e as restricións. Os dous obxectivos, segundo sinala a Concellería de Promoción Económica, “estanse a cumprir”, e os establecementos que se sumaron á campaña confirman a boa acollida por parte do público. As xornadas contaron con actividades paralelas como a elaboración de receitas “ao vivo” a cargo de cociñeiros como Pucho Barciela, Gilda Pires, Manuel Conde ou o televisivo Benigno Campos. Esta fin de semana continuarán as actividades con dous concertos. O sábado a música correrá a cardo de Raul & Cia, ás 12.30 na Praza Alejandro Otero, e o domingo será con La Patrulla, á mesma hora na Rúa Pai Crespo.

Para aqueles que queiran gozar das especialidades de choco nos locais participantes, poden facer as súas reservas nos establecementos: 78 Gastro Bar, Antolín, Café Bar Os Amigos, Casa Consejo, Casa Mucha, Don Vinarius, Lemos, Meraki, O Xantar de Otelo, Tapería Patri e Vila Bella.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará