Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG demanda “flexibilizar” as axudas de Servizos Sociais

XoanCarlosBNG

O grupo municipal do BNG de Redondela responsabiliza tanto ao actual goberno bipartito PSOE-AER como aos anteriores gobernos do PP do deterioro dos Servizos Sociais. Xoán Carlos González afirma que en tan só nunha década “dinamitaron un dos alicerces da acción de goberno municipal”. Segundo o edil nacionalista conciben os Servizos Sociais “como unha concesión para determinados colectivos, e non se priorizan actuacións de calado no día a día”. González pon como exemplo a Ordeanza de Emerxencia Social, que se modificou en 2016 co apoio de PP, PSOE, AER. Sinala que “nunca se tratou dun texto áxil, que solventara problemas graves con rapidez”. Denuncian que as tramitacións “perdíanse na burocracia e na dificultade por cumprir todos os requisitos” polo que as partidas orzamentarias “estaban lonxe de esgotarse ano tras ano”. Desde o BNG consideran “prioritario” modificar a Ordenanza “para flexibilizar os criterios de acceso a axudas públicas daquelas familias que o demandan”. Por outra banda, González considera “cínica” a actitude da voceira do PP, Carmen Amoedo, quen foi concelleira desta área no executivo de Javier Bas “e emprega como arma de desgaste político que non se esgoten as partidas orzamentarias, cando nos seus gobernos sucedeu o mesmo”. O voceiro do Bloque denuncia que esta situación leva a moitas familias a pedir axuda ás ONGs locais “para poder atopar resposta ás súas demandas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará