A SAR Plastic Omnium e o Rodosa Chapela despiden a liga de Primeira Nacional esta tarde, mentres varios equipos disputan en Tui e Lalín a Final 4, e As Choqueiras de Redondela celebran un torneo amigable o domingo.
Primeira Nacional Masculina
OAR Coruña-Rodosa Chapela
Os de Fran Teixeira, 3º do grupo, viaxan esta tarde a Coruña para mediarse ao OAR, xa sen opcións de acadar praza para disputar a fase de ascenso. 19.00 horas.
SAR Plastic Omnium-Calvo Xiria
O equipo que adestra Pablo Muíños despide a temporada ante os seu público en Redondela. Reciben ao líder, o BM Xiria. 19.00 horas.
Final 4
O equipo de Segunda Autonómica Masculino do BM Chapela xoga esta tarde a Final 4 en Tui, a partir das 20.15 horas. O conxunto Cadete Feminino da SAR disputa a Final 4 de Liga Prata en Lalín.
As Choqueiras celebran un triangular o domingo
O pavillón da bomboneira acollerá este domingo, día 23, unha xornada de balonmán organizada polo Club de Balonmán As Choqueiras de Redondela. Os equipos benxamíns e cadetes do Moaña e do Salceda de Caselas serán os invitados, nuns partidos que darán comenzo as 10.00, con aforo limitado e cumprindo con todas as medidas de seguridade.