O equipo de Alberto Suárez disputaba a última xornada coa permanencia na División de Honra Xuvenil en xogo. Non dependían de si mesmos para acadar a salvación, pero tiñan a obriga de gañar en Covadonga ante o Roces. Non foi posible e perderon por 4-1 ante un rival directo pola permanencia. O TSK Roces, con 27 puntos marca a salvación, e o Choco quedou con 23 na 7ª posición. O conxunto redondelán despídese así da máxima categoría do fútbol estatal. Desde o club salientan o esforzo e compromiso do equipo que pelexou “ata o final” e agradécenlle o traballo nesta tempada “ilusionante”.