Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unidas Podemos leva ao Congreso os incumprimentos ambientais na Enseada de San Simón

PodemosSanSimon

Representantes de Unidas Podemos mantiveron onte unha xuntanza coa Plataforma en Defensa da ensebada de San Simón, representantes das fradías de Arcade e Redondela e da Agrupación de Mariscadoras de Redondela, e tamén con asociacións veciñais que loitan pola protección ambiental e da biodiversidade dun paraxe incluído na Rede Natura 2000. Ao encontro asistiu a eurodeputada Idoia Villanueva e o secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino, que amosaron o seu compromiso coa defensa da enseada de San Simón, unha demanda que xa trasladou Podemos á Comisión Europea e que levará agora ao Congreso a través dunha iniciativa parlamentaria.

Para que a Rede Natura se faga efectiva é necesario un plan de xestión para Zonas Especiais de Conservación (ZEC) “que nin a Autoridade Portuaria nin o Goberno de Feijóo puxeron en marcha”. A veciñanza loita desde hai anos pola desafectación completa da enseada para que se converta en dominio público marítimo e terrestre. “As institucións teñen que escoitar á comunidade, que é a mellor coñecedora dos vertidos e do abandono da enseada de San Simón, ademais de habilitar os mecanismos para a protección da mesma”, sostivo Gómez Reino.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará