O escritor e profesor Carlos Taibo estará mañá xoves en Redondela para presentar o seu libro “Historias antieconómicas”. A obra recolle un cento de historias, relatos breves e anécdotas que rachan coa lóxica económica dominante. As súas historias buscan colocar o colectivo por riba do individual, rexeitan identificar consumo e benestar, outorgan máis valor ao tempo que aos cartos, e chaman tamén a atención sobre a discriminación que padecen as mulleres. Tamén se interesan polas prácticas de solidariedade e apoio mutuo, e lembran “as miserias” que rodean o noso precario coñecemento do lugar no que estamos. Tras estas historias apréciase con claridade “o designio de cuestionar a lóxica do capitalismo en todas as súas dimensións”. A cita é no Multiusos da Xunqueira, ás 19.00 horas. O acto está organizado polo Colectivo Republicano de Redondela.